Mellora xenética: Novas probas CONAFE e MACE e GMACE

Mellora xenética: Novas probas CONAFE e MACE e GMACE

Julius, de Xenética Fontao, evaluado como el mejor toro español

Xa están dispoñibles as valoracións e listaxes de touros Nacionais, MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT.

Nas listaxes internacionais inclúese o campo rexistrado onde se indica co símbolo ® tras o código xenealóxico que ese touro está debidamente rexistrado en CONAFE e estase comercializando en España.

Desde CONAFE lembran aos gandeiros colaboradores que os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas. Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado.

Actualmente hai rexistrados en CONAFE 5.747 touros dos cales 5.635 teñen proba en base española que pode ser consultada e poden ser utilizados en axustes.

168.710 touros Holstein avaliados

En total están avaliados 168.710 touros Holstein. Destes 3.652 teñen proba nacional con fillas, 4.430 proba nacional sen fillas (só xenómica), 153.490 proba MACE e o resto proba GMACE.

Como novidade, desde o pasado mes de xuño publícanse as valoracións dos mellores touros nacionais polos diferentes índices de mérito económico IM€T.

As persoas interesadas en consultar a metodoloxía destas probas, así como os resultados completos das mesmas, poden facelo no apartado de Avaliacións Xenéticas da web de CONAFE.

Máis información: 

– Mejores toros MACE con fiabilidad superior al 80% en Producción y Tipo

Mejores toros MACE con fiabilidad inferior al 80% en Producción o Tipo

– 200 Mejores Toros del Catálogo

– 100 Mejores Toros Españoles

– 100 Mejores Toros Genómicos Españoles

– 
100 Mejores Toros probados por IM€TLECHE

– 100 Mejores Toros probados por IM€TQUESO

– 100 Mejores Toros probados por IM€TPASTO

– 100 Mejores Toros probados por IM€TECO

– 100 Mejores Toros genómicos españoles por IM€TLECHE

– 100 Mejores Toros genómicos españoles por IM€TQUESO

– 100 Mejores Toros genómicos españoles por IM€TPASTO

– 100 Mejores Toros genómicos españoles por IM€TECO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información