Mellora das perspectivas en Ternera Gallega e vacún maior

As cotizacións das Mesas de Prezos de Amio continúan unha semana máis marcadas pola estabilidade. En becerros de recría non houbo cambios e tampouco en gando de abasto, se ben en vacún maior apréciase unha tendencia á alza dos prezos que podería ter reflexo na sesión da próxima semana, se persistise esa liña.

En canto á Mesa da IXP Ternera Gallega, os vogais acordaron unha semana máis manter as cotizacións sen cambios. De todos os xeitos, apréciase un alza no consumo que podería levar a próximas subas de prezos. Ese incremento de consumo aínda non absorbeu os stocks existentes, o que freou unha posible suba de cotizacións.

A feira de Amio rexistrou esta semana 1.938 reses (400 menos que na anterior sesión). Por categorías, foron 1.422 reses de vacún menor, 269 de vacún mediano e 222 de vacún maior.

Táboa completa das cotizacións das Mesas de Prezos de Amio (12-8-2015)

En Silleda, na Lonxa Agropecuaria de Galicia, esta semana as cotizacións acadadas nos becerros de recría volveron baixar lixeiramente, quedando nunha media de 191 euros, polos 202 da pasada semana; en tanto en vacún maior experimentouse un repunte, chegándose ós 738 euros de media, polos 688 do martes 5.

Nas mesas de prezos da Lonxa, en porcino acordouse unha semana máis unha nova baixada dos bacoriños.

Información da Lonxa Agropecuaria de Galicia (11-8-2015)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información