Medio Rural ultima a simplificación de trámites para as cortas no monte

A Consellería proxecta poñer en marcha no primeiro semestre do ano unha plataforma online para centralizar as xestións. En terreos sen protección e sen afeccións de dominio público, será suficiente cunha declaración responsable para cortar piñeiros ou eucaliptos

Medio Rural ultima a simplificación de trámites para as cortas no monte

A Administración proxecta culminar a simplificación das cortas antes do verán.

A Administración prevé que a simplificación dos trámites para as cortas no monte se concrete neste primeiro semestre do ano. Medio Rural avanzou onte no Consello da Xunta que se porá en marcha unha plataforma online para centralizar todas as xestións de cortas, a modo de xanela única, na que propietarios e empresas forestais cursarán unha única solicitude por aproveitamento, con independencia das afeccións de dominio público que teña a parcela (patrimonio, augas, estradas, etc.).

O obxectivo consiste en reducir a burocracia e proxéctase tamén un acortamento dos prazos de resposta. Dos ata 6 meses que hai que agardar na actualidade por autorizacións que teñen determinadas afeccións, como as patrimoniais, pasarase a un máximo de 2 meses. Se a Administración non contestase nese prazo, enténdese que a corta está aprobada por silencio administrativo.

Outra cuestión a ter en conta é que para aquelas parcelas ´de eucaliptos e piñeiros que carezan de afeccións de dominio público ou que non estean en espacios protexidos, non serán precisas autorizacións. Chegará con que o propietario curse unha declaración responsable comunicando o aproveitamento que vai facer.

Contexto
Os cambios na xestión das cortas, avanzados o pasado outubro na Lei de Iniciativas Empresariais, está previsto que entren en vigor o 26 de abril, segundo se indicaba nesa lei, se ben haberá que ver se a plataforma online para a xestión das solicitudes está operativa para esa data. Na Lei de Iniciativas Empresariais anticipábase tamén a futura concreción de tódolos cambios nunha orde da Consellería do Medio Rural, que estaría tamén pendente de publicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información