A Consellería do Medio Rural continúa co seguimento da incidencia da couza guatemalteca da pataca, cuxos datos de seguimento da presenza deste organismo nocivo en Galicia amosan un avance na súa contención, previa á súa erradicación. En varias zonas demarcadas, en concreto 11 parroquias das provincias da Coruña e Lugo, non se detectou a presenza deste organismo durante dous anos consecutivos, o que fai posible o levantamento das medidas fitosanitarias de erradicación. Noutras zonas é preciso manter as medidas fitosanitarias vixentes ata que pasen dous anos dende a última captura.
Na publicación do Diario Oficial de Galicia actualízase a zona demarcada pola Tecia solanivora Povolny (couza guatemalteca da pataca). Sinálanse as parroquias que se manteñen como zonas infestadas, as que pasan de zona infestada a zona tampón, as que permanecen nesta última demarcación e as que pasan a considerarse libres.
Deste xeito, continúan como zonas infestadas as seguintes parroquias da provincia da Coruña: Abegondo (Santaia), no concello de Abegondo; Cañás (Santa Baia) e Paleo (Santo Estevo), en Carral; e Maniños (San Salvador), en Fene. Ao tempo, pasan de zona infestada a zona tampón as parroquias de Cabanas (San Xián), Figueroa (San Miguel) e Sarandós (Santa María), en Abegondo; A Pedra (Santa María), en Cariño; e Barallobre (Santiago), en Fene.
Mantéñense como zona tampón as parroquias seguintes, todas elas da provincia da Coruña: Cerneda (San Salvador), Mabegondo (San Tirso), Meangos (Santiago) e Montouto (Santa Cristina), en Abegondo; Laraxe (San Mamede), en Cabanas; Vigo (Santa María), en Cambre; Quembre (San Pedro), Sergude (San Xián), Tabeaio (San Martiño) e Vigo (San Vicente), en Carral; As Encrobas (San Román), en Cerceda; Castelo (Santiago), en Culleredo; Limodre (Santa Eulalia), en Fene; e Franza (Santiago) e Piñeiro (San Xoán), en Mugardos.
Pasan a considerarse zonas libres, na provincia da Coruña, as parroquias de Folgoso (Santa Dorotea) e Viós (San Salvador), en Abegondo; Cariño (San Bartolomeu), Landoi (Santiago) e Sismundi (Santo Estevo), en Cariño; Beira (Santa Mariña), en Carral; Régoa (Santa María), en Cedeira; Magalofes (San Xurxo) e Perlío (Santo Estevo), en Fene; e San Xurxo de Moeche (San Xurxo), en Moeche. E, na provincia de Lugo, a parroquia de Trabada (Santa María), no concello homónimo.
Galego









Control OJD