Medio Rural realiza unha xornada formativa en Lugo destinada ás entidades colaboradoras da PAC

Esta xornada ten como obxectivo formar ás entidades colaboradoras para que poidan prestar apoio de xeito correcto aos agricultores e gandeiros que solicitan as achegas

Medio Rural realiza unha xornada formativa en Lugo destinada ás entidades colaboradoras da PAC

Lugo acolleu unha xornada formativa destinada ás entidades colaboradoras da PAC, co fin de preparalas para a campaña de 2026, cuxa gravación comezará no mes de febreiro. O relatorio estivo centrado na gravación da solicitude única e contou coa presenza o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, xunto con persoal do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Esta xornada ten como obxectivo formar ás entidades colaboradoras, tanto ás financeiras como ás organizacións profesionais agrarias e ás de asesoramento, para que poidan prestar apoio de xeito correcto aos agricultores e gandeiros que solicitan as achegas. O vindeiro xoves 29 de xaneiro realizarase outra acción destas características en Santiago de Compostela.

Cerviño lembrou que a Consellería do Medio Rural adiantou o pagamento do 100 % das axudas a zonas con limitacións naturais distintas de montaña para todo o que resta do período Pepac, é dicir, ata 2027, que xunto coas axudas a zonas de montaña ascende a uns 25 millóns de euros. No mes de decembro aboáronse tamén 100 millóns de euros correspondentes ao 90 % do saldo das axudas directas.

Este abono representa un 7 % máis de pago con respecto ao mesmo período de 2024, cando se pagaron 116,6 millóns de euros. Así, incluíndo o anticipo de 44 millóns que se fixo efectivo en outubro, a cantidade pagada aos gandeiros e agricultores galegos pola solicitude de 2025 da PAC ascende xa a preto de 170 millóns de euros, dos 215 previstos para esta campaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información