Medio Rural reabre hoxe as comunicacións de queimas agrícolas

Publicidade

A Consellería do Medio Rural reactiva desde hoxe, xoves 23 de abril, as comunicacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares en Galicia, así como as solicitudes de autorización para as de restos forestais amoreados.

No caso das queimas agrícolas, os que soliciten un novo permiso hoxe, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa, poderán levar a cabo a queima a partir deste sábado, 25 de abril.

Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica ou chamado ao 012. Como viña sendo habitual, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha queima de restos agrícolas procedentes de explotacións. No caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono.

A maiores, tamén se retomarán a partir de hoxe as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso e como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa, dado o maior risco da actuación.

Cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para favorecer a comunicación.

Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información