Medio Rural proxecta o uso de drons para os controis de campo da PAC

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia abre un periodo de consultas de mercado para identificar tecnoloxías e solucións de interese, de cara a preparar futuras contratacións

Medio Rural proxecta o uso de drons para os controis de campo da PAC

Los drones también tienen uso en proyectos de agricultura de precisión. / Archivo.

As inspeccións de campo para comprobar que os beneficiarios das axudas da Política Agraria Común (PAC) cumpren cos compromisos suscritos van cambiar nos próximos anos. A Consellería do Medio Rural proxecta incorporar o uso de veículos aéreos non tripulados para os controis de campo da PAC. O primeiro paso xa está dado. A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de abrir un periodo de consultas de mercado para identificar tecnoloxías e solucións de interese, de cara a preparar futuras contratacións.

O uso de drons para as inspeccións de campo da PAC xa está en marcha noutras comunidades, caso de Madrid ou Cataluña. En Galicia, a Administración autonómica tamén considera que os drons poden repercutir nunha maior eficiencia e eficacia dos controis, reducindo a súa complexidade e custos de realización. En concreto, a Xunta márcase como obxectivo que os veículos aéreos non tripulados permitan reducir o tempo necesario para as inspeccións e aumentar o número de recintos controlados.

A tecnoloxía a empregar no proceso debe ser capaz de identificar parcelas, cultivos e estado dos mesmos. A Amtega abriu hoxe un periodo de consultas preliminares de mercado para valorar coas empresas do sector diferentes sistemas de captura de datos e de procesado de información, a fin de definir os de maior interese para as necesidades de Medio Rural. Este proceso servirá para preparar as futuras contratacións que prevé executar a Consellería.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información