A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo un encontro co presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Jesús Quintá, e con outros responsables da IXP, para abordar a creación en Galicia dunha Mesa da Castaña.
A idea é que a Mesa se constitúa como un foro de debate e participación do sector, coa participación da Administración, para impulsar cuestións como a ordenación do cultivo ou a mellora das medidas de promoción e apoio á comercialización.
O encontro serviu tamén para que o sector revisase ás perspectivas sobre o Centro de Referencia da Castaña. Desde a Xunta pediuselle ó Ministerio de Agricultura que este centro se ubicase en Galicia, dado que a comunidade é a principal produtora de castaña a nivel estatal, pero aínda non hai maiores concrecións ó respecto.