Medio Rural pon en valor a riqueza que achega o monte na véspera do Día Mundial dos Bosques

A titular do departamento, María José Gómez, participou xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, nunha plantación de árbores no CEIP Paradai da capital lucense

Publicidade

20250320_Conse_CEIP_ParadaiA conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá no CEIP Paradai no acto conmemorativo do Día Internacional dos Bosques, que se celebra mañá venres, día 21 de marzo. Neste marco, a conselleira quixo poñer en valor o monte galego e a súa riqueza ambiental, económica e social.

Así, Gómez salientou, no eido ambiental os “grandes beneficios” que aportan os bosques, especialmente nun contexto de cambio climático; no que atinxe ao aspecto económico, lembrou que a riqueza do monte galego está cifrada en máis de 43.000 millóns de euros, segundo estimacións realizadas por expertos do sector forestal, e no terreo social subliñou o valor destes ecosistemas como lugares de lecer para o conxunto da sociedade.

Neste contexto, a conselleira destacou que este ano desde o seu departamento facilitáronse preto de 8.000 plantas a diferentes centros de ensino, concellos e comunidades de montes veciñais en man común de toda Galicia para realizar plantacións como a que hoxe se levou a cabo neste centro de ensino da capital lucense. E animou a todos os colexios a solicitar árbores para plantar e a reforzar así a educación ambiental que se imparte, centrada tamén nos valores do rural.

María José Gómez engadiu que este tipo de actos simbólicos -que cualificou como “entrañables”- teñen unha gran importancia no campo da sensibilización, e sobre todo cando, como neste caso concreto, se dirixen aos alumnos, que “representan, en definitiva, o futuro da nosa sociedade”, remarcou.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información