As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

Pagaranse en Galicia a partir deste venres 127 millóns de euros máis das axudas da PAC 2021-2022

Tras os anticipos pagados en outubro, os ingresos por parte do Fondo Galego de Garantía Agraria elévanse aos 164 millóns de euros para máis de 25.000 produtores galegos

Pagaranse en Galicia a partir deste venres 127 millóns de euros máis das axudas da PAC 2021-2022

A partir deste venres, día 10 de decembro, a Xunta anuncia que, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), comezará a facer efectivo o pagamento de máis de 127 millóns de euros das achegas da PAC da campaña 2021-2022. En total, serán máis de 110 millóns de euros de axudas directas e outros 17 millóns do pago de desenvolvemento rural destinado a zonas con limitacións naturais. Estes pagamentos beneficiarán, en conxunto, a máis de 25.000 agricultores e gandeiros galegos.

En concreto, no marco das achegas directas que comezarán a aboarse este venres, inclúense 62,3 millóns de euros do pago básico, 31,8 millóns do pago verde, 7,7 millóns para vacún de leite, 3,5 millóns de euros para vacún de carne, case 2,4 millóns para pequenos agricultores e, por último, 2,2 millóns para agricultores mozos.

En canto ao pago de desenvolvemento rural correspondente a zonas con limitacións naturais, ingresaranse dende o venres 9,2 millóns ao abeiro da submedida de montaña e outros 8 millóns pola submedida de zonas desfavorecidas distintas de montaña.

O Fogga anticipou xa en outubro 37 millóns de euros das liñas de vacún de leite e vacún de carne, polo que o total de cartos aboados polo organismo sumando esta segunda xeira de pagos ascende a 164 millóns de euros.

Medio Rural subliña que Galicia situouse entre as primeiras comunidades autónomas que pagou anticipos das axudas da PAC, trala realización das comprobacións administrativas e dos controis obrigatorios sobre o terreo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información