Medio Rural incrementará ata os 11,7 millóns as axudas para elaboración e comercialización de viño

Publicidade

CONSELLEIRA_adega_Santiago_Ruiz_5O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará antes de que remate este ano unha nova convocatoria das axudas para apoiar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas dotada con 11,4 millóns de euros, o que supón un 75% máis de fondos que na anterior. Así o destacou hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na súa visita á adega nova Santiago Ruiz situada no concello pontevedrés de Tomiño.

Gómez lembrou que precisamente o Consello da Xunta aprobou onte a orde correspondente destas axudas, que teñen como principal obxectivo mellorar o rendemento global das empresas do sector e a súa adaptación ás demandas do mercado, así como aumentar a súa competitividade. Trátase, ademais, de fomentar a agrupación e o asociacionismo, impulsar a sustentabilidade mediante o aforro enerxético e favorecer a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.

Para acadar estes e outros fins, subvenciónanse os custos de construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, a compra de maquinaria ou a adquisición ou desenvolvemento de material informático. Unha vez aberta a convocatoria, os interesados disporán de prazo ata finais de 2025 para presentar as súas solicitudes.

Outras medidas de apoio ao sector xestionadas pola Consellería do Medio Rural son a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, as axudas para comercialización en terceiros países ou as accións directas de promoción e divulgación, como poden ser a presencia en feiras nacionais e internacionais ou a organización de eventos como as Catas dos viños de Galicia, que contribúen de xeito decisivo a prestixiar estas producións.

Adega Santiago Ruiz

Ademais, nesta visita, a conselleira cualificou a adega Santiago Ruiz como “un dos grandes referentes do mundo do viño nas Rías Baixas”, e máis concretamente na subzona do Rosal, dentro desta Denominación de Orixe. Puxo ademais en valor os seus 40 anos de historia, que a converten nun dos sinais de identidade da DO, a través duns viños nos que a variedade albariño ten un papel protagonista, así como outras castes autóctonas.

As súas instalacións en Carregal de Arriba, no concello de Tomiño, contan cunha superficie total construída de preto de 1.700 m2. Dispón así mesmo de viñedos propios e de terreos alugados para producir uva. A comercialización do viño faise baixo a marca Santiago Ruiz principalmente, o que supón máis de 600.000 botellas anuais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información