Medio Rural impulsa a identificación e certificación das oliveiras autóctonas galegas

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou este luns na recollida de exemplares de oliveiras autóctonas na localidade luguesa de Ribas de Sil

Publicidade
EL DIRECTOR DE AGACAL, MARTIN ALEMPARTE, VISITO LA EXPLOTACION DE OLIVOS DE ACEITES FIGUEIREDO PROPIEDAD DE MIGUEL ANGEL RODRIGUEZ, QUE PARTICIPA EN UN PROYECTO DE MEDIO RURAL PARA REPRODUCIR VARIEDADES AUTOCTONAS

EL DIRECTOR DE AGACAL, MARTIN ALEMPARTE, VISITO LA EXPLOTACION DE OLIVOS DE ACEITES FIGUEIREDO PROPIEDAD DE MIGUEL ANGEL RODRIGUEZ, QUE PARTICIPA EN UN PROYECTO DE MEDIO RURAL PARA REPRODUCIR VARIEDADES AUTOCTONAS

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, participou este lunes na recollida de exemplares de oliveiras autóctonas dentro do proxecto de impulso á mellora da calidade do aceite galego que está desenvolvendo a Xunta de Galicia. En concreto, recolléronse mostras de oliveiras propiedade de Miguel Ángel Rodríguez, de Aceites Figueiredo, que colabora nesta iniciativa cedendo material e autorizando o seu uso á axencia adscrita a Medio Rural.

Mediante esta recollida continúase co proceso de identificación e certificación de variedades autóctonas de oliveiras en Galicia, para determinar, en primeiro lugar, o seu estado sanitario. O seguinte paso será o de producir planta certificada na Estación Experimental Agrícola de Baixo Miño, en Salceda de Caselas (Pontevedra), co obxectivo de que os produtores poidan dispoñer delas e ademais de seguir estudando a súa conformación e características xenéticas.

Trátase de medir o grao de éxito canto á reprodución destas plantas, con vistas á súa produción, fomentando, como obxectivo último, a orixe autóctona e a calidade do aceite galego. Neste sentido, esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno galego pola innovación e a investigación para o desenvolvemento da actividade económica e a súa diversificación no rural, neste caso mediante o sector olivícola.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información