
Los incendios no siempre pueden ser atacados en su frente de avance
O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar unha resolución a través da cal se recoñecen como forza maior as zonas afectadas no relativo á xestión e o pagamento das axudas da PAC nas campañas de 2025 e 2026, tendo en conta que a de 2026 aínda está en prazo de solicitude ata o 15 de maio.
Con este paso, a Consellería do Medio Rural asegura querer flexibilizar os requisitos para os beneficiarios das campañas 2025 e 2026 da Política Agraria Común (PAC) afectados polos incendios forestais do pasado verán.
O texto da resolución recolle que “a incidencia dos lumes nas explotacións agrarias situadas nestas zonas segue a dificultar, na actualidade, o cumprimento dos compromisos que deben asumir os agricultores e gandeiros galegos que se benefician das achegas da PAC.”
Con ese motivo, recoñécese de oficio a situación de forza maior para as explotacións situadas nas zonas afectadas delimitadas conforme aos perímetros dos incendios nos que se declarara a situación operativa 1 e 2 (e que se recollen na publicación do DOG).
Así mesmo, “establécense como admisibles as superficies agrarias localizadas nestas zonas para os efectos de percepción das axudas directas e das de desenvolvemento rural. Tamén se reducirá o limiar mínimo de movementos no caso da axuda asociada para persoas gandeiras extensivas e semiextensivas de ovino e caprino de carne.”
No caso concreto da apicultura, naquelas alvarizas situadas en zonas afectadas “non se aplicarán penalizacións por incumprimento do mantemento de compromiso, considerándose determinadas as colmeas solicitadas ata o máximo das comprometidas, mesmo no caso de perda das alvarizas como consecuencia dos incendios.”. sinalan dende a Xunta.
A Consellería do Medio Rural lembra que se puxeron en marcha “ata oito liñas de apoio para paliar os danos ocasionados polos incendios do pasado verán nas explotacións gandeiras, agrícolas e forestais afectadas, chegando a mobilizar xa preto de 7,5 millóns de euros.”
Pódese consultar o texto íntegro da resolución neste ENLACE
Galego









Control OJD