A Consellería do Medio Rural e as Indicacións Xeográficas Protexidas Ternera Gallega e Vaca Gallega-Buey Gallego intensificarán a súa colaboración para ampliar a promoción e comercialización dos produtos amparados baixo estes selos de calidade. Na reunión estiveron por parte da Xunta a conselleira María José Gómez; o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.
Tra-lo acordo UE – Mercosur, Gómez trasladoulles ás IXPs de vacún de carne o apoio da Xunta ante o novo escenario no comercio internacional.Nesta mesma semana, a conselleira lembrou que se elevou ao Consello da Xunta un completo programa de medidas para defender o agro galego ante o acordo entre a Unión Europea e Mercosur.
Este paquete contempla o impulso dunha estratexia de exportacións de produtos galegos; a posta en marcha dun Observatorio de Prezos, o que permitirá facer un seguimento continuo do mercado; e un plan de control específico en Galicia sobre os produtos importados, a través do cal se farán avaliacións de residuos de substancias non permitidas, como poden ser fitosanitarios ou antibióticos, ao tempo que se comprobarán as condicións sanitarias.
Gómez lembrou ademais que dentro desta estratexia se inclúe unha acción específica para reforzar a promoción dos produtos galegos de cadea de distribución curta e de proximidade, a través de apoio ao sector produtor ou mediante a realización de feiras e actos, especialmente daqueles con indicativo de calidade.
Galego









Control OJD