O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor), na que abordaron algunhas cuestións de interese para o sector da planta ornamental e da flor cortada na comunidade, un ámbito de especial importancia en Galicia e que se fomenta desde o Goberno galego.
Deste xeito, Alemparte salientou que a Consellería do Medio Rural conta cunha oferta formativa propia centrada na rama agraria e que, dentro do viveirismo, inclúe ciclos de Paisaxismo e Medio Rural e de Xardinaría e Floraría; ademais do novo curso de especialización en Florería e Arte Floral deste ano, que se imparten no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, no concello coruñés de Abegondo.
Avaliaron diferentes liñas de colaboración para seguir afondando no impulso do sector da planta ornamental na comunidade, que pasan por favorecer a participación de entidades como Asvinor en feiras internacionais de referencia. Así, destacou a participación da Xunta no evento Iberflora, que se celebrará en Valencia dende o 14 ao 16 de outubro, e na que participarán as empresas Veraleza, Coplant, Viveros Juan Peixoto, Vinicius Terrae, Viveros de Romai e Viveros Nilo.
Por último, Martín Alemparte puxo en valor a posta en marcha por parte da Xunta dunha planificación específica para contribuír ao desenvolvemento deste sector, a Estratexia da Planta Ornamental e a Flor Cortada de Galicia, e que ten como obxectivo fortalecer o impacto económico, social e ambiental que ten este sector en Galicia.
Galego









Control OJD