Medio Rural destina catro millóns de euros para impulsar pasteiros en Galicia

A conselleira María José Gómez destaca a creación de 26 novos pasteiros en 2025, oito deles na provincia de Lugo, para fortalecer o sector agrogandeiro e protexer os montes

Medio Rural destina catro millóns de euros para impulsar pasteiros en Galicia

Visita ao pasteiro de Goián – Sarria.

A Consellería de Medio Rural realizará un investimento de catro millóns de euros apostando polos pasteiros. Nunha visita ao concello de Sarria, María José Gómez, titular do departamento, comprobou os traballos realizados para o funcionamento do pasteiro de Goián – Sarria.

A conselleira destacou que para este 2025 está previsto actuar en 519 hectáreas para crear 26 pasteiros na comunidade, oito deles na provincia de Lugo. Ao percorrido pola zona tamén acudiron José Balseiros, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo.

As actuacións para habilitar pasteiros inclúen labores como a implantación de pasto herbáceo de calidade (mediante a corta, roza, encalado, sementeira ou despregado) e accións como a instalación de peches perimentrais, pasos canadense e sistemas de retención e control do gando.

María José Gómez destacou que os pasteiros son “unha moi boa ferramenta” para apoiar o tecido agrogandeiro rural, ampliar a base territorial, protexer os montes fronte aos lumes, favorecer a biodiversidade e mellorar o benestar animal grazas ao maior acceso ao pastoreo. Desde 2020, o Plan de Pastos actuou en máis de 1.930 hectáreas e 80 pasteiros, cun investimento duns 10,5 millóns de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información