Medio Rural destina 10 millóns a investimentos en tecnoloxías forestais

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0426-231215-0001_gl.pdf

Prazo: Ata 30/01/2016

Resumo:

A Consellería do Medio Rural destina 10 millóns de euros en axudas para investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais para o ano 2016.

Os posibles beneficiarios destas achegas son todas aquelas pequenas e medianas empresas do sector forestal radicadas en Galicia e inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

Actividades subvencionables
Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). Os investimentos destinados a biomasa e outros produtos forestais distintos da madeira só serán subvencionables cando estos produtos teñan a súa orixe e se recollan no monte

A orde de axudas financia os custos derivados da adquisición de maquinaria e equipos para o aproveitamento dos produtos forestais. Tamén os custos relacionados coa mobilización, comercialización e transformación da madeira, incluídas as operacións de traballo antes do aserrado industrial nunha fábrica de aserrado e a produción de material para a xeración de enerxía (produción a pequena escala de astelas ou de pellets).

Serán tamén obxecto de subvención as tecnoloxías de viveiros forestais a pequena escala e os mecanismos para a produción de materiais forestais de reprodución; así como a implementación de plans empresariais con criterios de xestión forestal sostible. En calquera caso, a axuda máxima por solicitante limitarase a 150.000 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información