Medio Rural desenvolverá un novo pasteiro de 29 hectáreas no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo

A conselleira María José Gómez anunciouno hoxe nun encontro con gandeiros da zona no marco da celebración da II Mostra de Gando da localidade

20260515Xunqueira_1A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, anunciou hoxe o desenvolvemento dun novo pasteiro no concello de Xunqueira de Espadanedo, en terreos do monte veciñal en man común de Barrio, Carballeira e Casanova, cun investimento de preto de 190.000 euros. Así o avanzou nun encontro con gandeiros, no marco da II Mostra de Gando que se está a celebrar na localidade.

A nova infraestrutura ocupará unha superficie de 29 hectáreas, nas que se levarán a cabo traballos de roza, encalado, abonado e sementado, entre outras actuacións. A maiores, tamén se construirá un peche gandeiro, instalaranse portas e unha manga de manexo e disporá dun bebedoiro.

A titular de Medio Rural sinalou que con este pasteiro os veciños da contorna contarán con máis base territorial para o seu gando, contribuíndo ao mesmo tempo a controlar a vexetación nestas parcelas, o que favorece a prevención de incendios. Gómez engadiu que os pasteiros son un modelo de aproveitamento do territorio sustentable e compatible coa preservación do patrimonio natural e que impulsan, ademais, a gandaría en extensivo.

Por iso, a conselleira reafirmou a intención da Xunta de seguir traballando, da man dos propietarios do monte, con iniciativas como esta, para garantir un rural máis produtivo, protexido en con futuro.

20260515Xunqueira_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información