Medio Rural da Deputación de Lugo e a Asociación Corripa organizan unha nova edición de Ciencia na aldea

Medio Rural da Deputación de Lugo e a Asociación Corripa organizan unha nova edición de Ciencia na aldea

Medio Rural da Deputación de Lugo impulsa a terceira edición das Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea, que se celebrarán do 28 ao 30 de abril no ecomuseo El País del Abeyeiro, en Negueira de Muñiz. Organizadas pola Asociación Corripa, coa colaboración da área provincial, preséntanse como unha nova oportunidade para poñer en valor a biodiversidade e os entornos rurais, a través das achegas dun quincena persoas investigadoras e expertas en divulgación científica de diferentes puntos do Estado.

A terceira edición das xornadas, que presentaron este mediodía a deputada Mónica Freire e o apicultor Alberto Uría, de El País del Abeyeiro, artéllase arredor de figuras pioneiras ou historicamente relevantes no estudo, conservación e divulgación da biodiversidade a nivel mundial como o cartógrafo Félix de Azara, pioneiro en documentar a biodiversidade de América do Sur; o científico Charles Darwin, que teorizou sobre a evolución das especies e a selección natural; o xeógrafo, naturista e explorador Alexander Von Humboldt, pioneiro do pensamento ecolóxico; o naturalista Carlos Linneo, que desenvolveu a nomenclatura científica de animais e plantas ou a entomóloga e ilustradora Maria Sybilla Merian.

As súas biografías e achegas protagonizarán diferentes ponencias ao longo das xornadas, que reflexionarán tamén sobre a importancia dos bosques para a conservación da biodiversidade, con conferencias sobre a situación e os retos de futuro destes espazos naturais e sobre a problemática dos lumes forestais.

O programa inclúe tamén mesas redondas sobre divulgación científica e comunicación de temáticas relacionadas co rural e a conservación medioambiental, así como unha xornada de portas abertas -o domingo 30- con paseos guiados polo Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo, inaugurado nas xornadas do ano pasado, e polo nomeado como “Souto de Humboldt”, un bosque de castiñeiros centenarios na contorna do ecomuseo de El País del Abeyeiro que a Asociación Corripa está a poñer en valor como espazo de biodiversidade e memoria con ilustracións de David Despau.

A responsábel provincial destacou “a continuidade que desde a área de Medio Rural e a Asociación Corripa lle estamos dando a este encontro de carácter divulgativo que, co aval da perspectiva científica, demostra a importancia de conservar as nosas paisaxes e o noso patrimonio natural, algo que só é posible cun apoio real ás persoas que desenvolven os seus proxectos profesionais e vitais no medio rural”

Mónica Freire suliñou “a singularidade e creatividade do programa que conecta unha pequena aldea da montaña lucense co legado das figuras máis relevantes no campo da investigación e da divulgación da biodiversidade” e que “achegará moitas persoas á zona, participantes e ponentes, xenerando actividade para hoteis, restaurantes e empresas de servizos da comarca”.

As inscricións para participar poden realizarse na web www.asociacioncorripa.org ou no teléfono 900 26 43 26, a partir deste sábado 15 de abril ás 9:00 horas. A participación é gratuíta. Ofrécense 55 prazas.

Venres 28 de Abril: “Conservación de especies e retos futuros”

17:00 Inauguración das Xornadas

Mónica Freire Rancaño (Deputada de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputación Provincial de Lugo)

Vanessa Paredes (Presidenta da Asociación Corripa)

Alberto Uría (Vicepresidente da Asociación Corripa)

17:15 A Asociación Corripa. Vanessa Paredes (Ambientóloga. Presidenta da Asociación Corripa)

17:45 A problemática dos lumes forestais

Serafín González Prieto (Investigador científico do CSIC. Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural)

18:45 Situación dos bosques: presente e futuro

María Melero (WWF Adena. Programa Bosques)

19:45 Pausa Café

20:00 Rosalía de Castro: a súa terra e o seu pobo

Anxo Angueira (Filólogo, escritor e Profesor da Universidade de Vigo. Presidente da Fundación Rosalía de Castro)

21:30 Cea: Casa Sidrón – Pieiga (Negueira de Muñiz)

Sábado 29 de Abril: Pioneiros da Ciencia

09:30 Carlos Linneo e a nomenclatura científica

Félix Torres (Taxónomo e entomólogo. Universidade de Salamanca)

10:30 Maria Sybilla Merian: Unha ilustradora e naturista do século XVII

Xavier Sistach (Especialista en Historia Natural Antiga dos insectos)

11:30 Pausa Café

11:45 Mesa redonda: Comunicar O Rural

Sandra Sutherland (Informadora de RTVE. Xornalista de APIA)

Pedro Cáceres (Fundador “El Ágora Diario del Agua”)

Óscar Prada (Plataforma de Custodia do Territorio da Fundación Biodiversidade. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico)

Marta Veiga (Xornalista. Comité de redacción da Revista Luzes)

Modera: Alberto Uría (Vicepresidente da Asociación Corripa)

13:00 Paseo guiado polo Xardín de Polinizadores Fernando Fueyo

José Carlos Otero (Entomólogo. Universidade de Santiago de Compostela), Félix Torres (Taxónomo e entomólogo. Universidade de Salamanca) e Alberto Uría (Apicultor)

14:15 Comida popular: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)

15:30 Unha viaxe pola ciencia: Alexander Von Humboldt

José Carlos Otero (Entomólogo. Da Universidade de Santiago de Compostela)

16:30 O poder da pupila

Conchi Lillo (Neurobióloga. Universidade de Salamanca)

17:30 Charles Darwin: evolución da domesticación, o proceso que mudou a ecoloxía do mundo

Alex Richter-Boix (Biólogo, Doutor en Ecoloxía Evolutiva e divulgador científico)

18:30 Pausa Café

18:45 A Estación Biolóxica do Frío e o regreso dos naturistas españois a América. Un longo camiño tras Félix de Azara.

Javier Castroviejo Bolíbar (Presidente da Asociación Amigos de Doñana. Expresidente do Programa Home e Biosfera” (UNESCO). Ex-director da Estación Biolóxica de Doñana)

19:45 Mesa redonda: Divulgando Ciencia

Natalia Ruiz Zelmanovitch (Divulgadora científica do CSIC)

Conchi Lillo (Neurobióloga. Universidade de Salamanca)

Alex Richter-Boix (Biólogo e divulgador científico)

Manuel González (Astrónomo. Instituto de Astrofísica de Andalucía. IAA-CSIC).

Modera: Roberto Lozano (Fundación Osíxeno)

21:30 Cea: Casa Sidrón – Pieiga (Negueira de Muñiz)

23:30 Conversa entre amigos baixo as estrelas e queimada popular

Domingo 30 de Abril: Un bosque de coñecemento (Xornada de portas abertas)

10:00 Café de benvida

10:30 “O Souto de Humboldt”, un proxecto con raíces

Presentación do vídeo

Vanessa Paredes, Alberto Uría, Bernabé Moya e Félix Torres

11:00 Inauguración do “Souto de Humboldt”

Interveñen representantes públicos e David Despau (autor dos retratos)

11:30 Paseo guiado “Os castiñeiros seculares do Souto de Humboldt, un patrimonio botánico para a biodiversidade e a memoria”

Bernabé Moya (Botánico) e Floreal Uría (Natural de Penadanogueira)

12:30 Actuacións musicais:

Davide Salvado

Alonso e “Los Ojazos”

Natalia Ruiz e Manuel González

14:30 Comida Popular: Penadanogueira (Negueira de Muñiz)

17:00 Paseo guiado polo “Souto de Humboldt”.

Fé Álvarez (Ambientóloga e Xerente do GDR Montes e Vales Orientais), Vanessa Paredes e Alberto Uría

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información