Medio Rural convoca as axudas para as asociacións de fomento das razas autóctonas

Medio Rural convoca as axudas para as asociacións de fomento das razas autóctonas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas para o ano 2016, por un importe total de 167.000 euros. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, xa llo trasladou á Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) e á Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), en dúas xuntanzas nas que a responsable desta área lles reiterou o compromiso da Xunta con este sector.

Nesta convocatoria, os beneficiarios poderán ser todas aquelas organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, que estean oficialmente recoñecidas para a xestión do Libro Xenealóxico das razas autóctonas españolas, pola comunidade autónoma galega.

As actuacións subvencionables son a creación ou mantemento de libros xenealóxicos, incluíndo os gastos derivados de dita actividade, os do local ou oficinas, ordenadores e material informático e o seu mantemento, actualización ou adquisición. Tamén serán subvencionables os gastos que se deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza, no que se recollerán as actividades destinadas á conservación in situ da mesma, así como a creación e mantemento de bancos de xermoplasma en centros autorizados oficialmente e as probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, aínda que tamén se poderán presentar en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos. O prazo de presentación será dun mes, ata o 2 de xaneiro, contado a partir de mañá, día seguinte da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información