Medio Rural asegura que esta semana realizará un novo pagamento de 2,4 millóns da axuda básica á renda para a sustentabilidade

Este pagamento adicional débese ao aumento do coeficiente definitivo de incremento da axuda básica á renda para a sustentabilidade (ABRS), cun complemento de 2,4 millóns de euros

Imagen de archivo.

Imagen de archivo.

A Xunta anuncia que aboará a finais de semana un novo pagamento complementario da campaña da política agraria común (PAC) 2024, que ascende a algo máis de 2,4 millóns de euros.

Deste xeito, péchanse os pagamentos da PAC 2024 cun orzamento total de máis de 216 millóns de euros para arredor de 22.500 agricultores e gandeiros galegos.

Dende a Consellería do Medio Rural explican que este pagamento adicional débese ao aumento do coeficiente definitivo de incremento da axuda básica á renda para a sustentabilidade (ABRS), tal e como establece o mecanismo de aproveitamento de fondos do Plan estratéxico da PAC, e que permite aumentar linealmente o importe para pagar a ABRS cando os resultados doutras intervencións en forma de pagamentos directos fosen inferiores ao previsto.

Con este mecanismo, o remanente resultante fai que as achegas para a ABRS poidan incrementarse nun 5,14 %. Para acadar esta porcentaxe levouse a cabo un proceso de cálculo, no cal tamén se incluíron algúns expedientes que estaban pendentes de finalizar trámites das liñas de axudas redistributivas e de incorporación de persoas mozas. Prevese que estes pagamentos estean aboados a finais desta semana.

Campaña da PAC completada no mes de xuño

Dende Medio Rural precisan que a finais do mes de xuño a Xunta de Galicia xa completara todos os pagamentos da campaña da PAC 2024, que ascenderon por riba dos 214 millóns de euros, ben que a execución das diferentes liñas se foi efectuando con antelación nos meses previos.

En decembro de 2024 executouse un pagamento de 17,3 millóns de euros correspondentes ás zonas con limitacións naturais. Posteriormente, xa no mes de maio de 2025, desembolsáronse uns 172,5 millóns de euros para aboar o 100 % das axudas directas. Por último, a finais de xuño pagáronse un total de 24,26 millóns de euros correspondentes ás axudas agroambientais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información