Medio Rural amplía o convenio coa Fundación Paideia para a mellora xernética do carballo e do vidueiro

Bidueiros_ LugoA Consellería do Medio Rural e a Fundación Paideia manteñen a súa colaboración para mellorar o material forestal de reprodución de Galicia a través da prórroga do convenio subscrito o 15 de xullo de 2021.

Desta forma, dáse continuidade a unha serie de actuacións previstas no proxecto como traballos relativos á obtención e reprodución de xenotipos seleccionados, a ampliación das bases xenéticas da colección de individuos inicial, a conservación a longo prazo dos xenotipos estudados, traballos de reprodución in-vitro do bidueiro ou a avaliación das características tecnolóxicas da madeira.

O Consello da Xunta deu luz verde hoxe a esta addenda, que supón un investimento de máis de 170.000€. Sumado ao orzamento inicial, a contribución total ao financiamento por parte da Consellería de Medio Rural é de preto de 346.575€.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información