Medio Rural amplía ata os 3,6 millóns a segunda convocatoria das axudas para maquinaria agrícola en común

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde correspondente, autorizando un aumento dos fondos que se suman aos 2,4 M€ da primeira convocatoria deste 2025, que beneficiou 34 cooperativas e sociedades agrarias de transformación fusionadas

AIRA_ENSILADO_HERBA_5O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo. Esta medida permitirá ampliar o orzamento ata un total de 3.625.000 euros na segunda convocatoria deste ano para estas achegas. Así, estes fondos sumaranse aos xa destinados á primeira convocatoria deste 2025, que supuxo un investimento de 2,4 millóns de euros e beneficiou un total de 34 entidades.

Estas subvencións, que van destinadas a cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (SAT) procedentes de fusión, supoñen para estas entidades unha importante redución dos seus custos de produción, ao tempo que se incrementa a seguridade e se fomenta o aforro enerxético. Así, o importe de axuda que pode recibir cada beneficiario será do 35 % dos custos da maquinaria, con posibilidade de incrementalos ata un máximo do 50 %.

A segunda convocatoria destas axudas para 2025 publicouse no DOG o pasado 5 de agosto, cunha dotación inicial de 400.000 euros e a posibilidade de incrementarse ata os 3,2 millóns, de ser necesario. Agora o incremento é aínda maior, chegándose aos referidos 3,6 millóns de euros. En calquera caso, cómpre sinalar que esta ampliación de orzamento non afecta ao prazo de presentación de solicitudes, que xa rematou.

Ligazón á convocatoria das axudas no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información