A Consellería do Medio Rural acaba de lanzar un instrumento financeiro para dotar de liquidez ao sector agrario galego. Nas súas bases, recoñécese o dereito a préstamos de financiamento de investimentos e capital circulante no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (Pepac) 2023-2027. Este instrumento conta cun orzamento total de 6 millóns de euros, unha contía que permitirá financiar préstamos por un volume potencial total de case 60 millóns de euros.
A través deste mecanismo, ponse á disposición do destinatario final a garantía para subscribir préstamos en condicións vantaxosas de financiamento, facilitando o acceso ao crédito de proxectos financeiramente viables, e deseñado para optimizar a administración e distribución dos fondos destinados á agricultura e ao desenvolvemento rural.
A finalidade deste instrumento é habilitar intervencións vencelladas aos investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e ao uso eficiente dos recursos naturais e benestar animal; por outra parte, a ferramenta está tamén concibida para os investimentos en modernización ou mellora de explotacións agrarias.
O procedemento tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, é dicir, atenderanse as solicitudes segundo orde de chegada
No que atinxe ao primeiro caso, os importes dos préstamos oscilarán entre un mínimo de 30.000 euros e un máximo de 250.000 euros por beneficiario. Poderán financiarse accións de mitigación ou adaptación ao cambio climático; investimentos para a xestión dos recursos auga, solo e aire; accións de mellora da eficiencia enerxética e produción de enerxías verdes e aqueles investimentos relacionados co benestar animal e a implementación de medidas de bioseguridade nas explotacións agrarias.
No segundo caso, os importes mínimos dos préstamos oscilarán entre os 15.000 euros para capital circulante e os 30.000 euros para investimentos, mentres que os importes máximos serán de 30.000 euros para circulante e de ata medio millón de euros para investimentos por beneficiario. Deste xeito, poderán apoiarse os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións.
O procedemento tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, é dicir, atenderanse as solicitudes segundo orde de chegada, ata cando haxa orzamento dispoñible. Todos os préstamos levan unha bonificación de xuros de tres puntos porcentuais durante os tres primeiros anos.
Galego








Control OJD