Medio cento de adegas galegas amosáronlle os seus viños a compradores internacionais no Salón do Viño e Licores de Calidade

Un 20% do viño galego expórtase a un total de 75 países

Publicidade
Medio cento de adegas galegas amosáronlle os seus viños a compradores internacionais no Salón do Viño e Licores de Calidade

Feira Vinis Terrae.

Os días 2 e 3 de xuño o recinto feiral de Expourense acolleu arredor de 200 mostras de viños, licores e augardentes galegos. A feira ten un carácter claramente profesional, xa que nela participan preto de 50 adegas que expoñen os seus produtos a potenciais clientes procedentes de ata 18 países.

Os cinco consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas —Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei— contan cun espazo propio. Tamén están presentes as indicacións xeográficas protexidas do Val do Miño-Ourense e Betanzos.

A Consellería do Medio Rural, que apoia o evento, destacou a importancia deste tipo de feiras para conectar produtores galegos con compradores internacionais. Lembrou, ademais, que a Axencia xa estivo presente en feiras internacionais como a Barcelona Wine Week, Fenavin ou Prowein. Arredor dun 20% do viño galego expórtase a un total de 75 países.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información