Medio Ambiente convoca axudas para zonas de Rede Natura e parques naturais

A Consellería financia con estas liñas investimentos non produtivos, tales como creación e mellora de sebes, valos ou carreiros. Tamén apoia a rehabilitación de elementos patrimoniais (hórreos, fontes, cabanas) e actuacións de preservación dos ecosistemas

Publicidade

Administración convocante: Consellería de Medio Ambiente

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2018/20180115/Secciones1_gl.html

Prazo: Ata 15/02/2018

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe dúas liñas de axudas orientadas a financiar investimentos non produtivos en zonas de Rede Natura e en parques naturais. Os apoios van dirixidos a Concellos, a asociacións ambientalistas e a persoas titulares de terreos agrícolas ou forestais que afronten investimentos de utilidade pública ou de carácter agroambiental. No caso das axudas a parques naturais, tamén poden optar as empresas con domicilio social nalgún dos concellos do parque.

Medio Ambiente destina a estas axudas nos anos 2018 e 2019 un total de 3,9 millóns de euros (2,5 para zonas de Rede Natura e 1,4 para parques naturais). Serán subvencionables ó 100% as accións aprobadas, cun tope de 12.000 euros por persoa ou asociación ambientalista, en tanto no caso dos concellos o límite é de 20.000 euros (Rede Natura) e 40.000 euros (parques naturais).

As actuacións para as que se conceden axudas son as seguintes:

– Accións dirixidas á mellora da paisaxe agraria: creación ou mellora de cercas, sebes, valos de pedra, vexetación dos lindes, mellora de carreiros, creación de rutas e áreas recreativas, etc.

– Recuperación de elementos patrimoniais ou culturais: hórreos, milladoiros, cabanas, valados, fontes, etc.

– Actuacións dirixidas á preservación de ecosistemas naturais ou seminaturais: restauración de zonas húmidas, preservación da vexetación de ribeira, recuperación de soutos, eliminación de especies exóticas, etc.

O prazo de solicitude remata o 15 de febreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información