Medidas de Ternera Gallega e Vaca Galega / Boi Galego ante o coronavirus

Medidas de Ternera Gallega e Vaca Galega / Boi Galego ante o coronavirus

O Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia lembra que o sector mantén o seu funcionamento normalizado e dá conta do sistema de traballo que seguirá Ternera Gallega e Vaca Galega / Boi Galego durante a crise.

Unha primeira cuestión a ter en conta é que mantense o servizo telefónico e de correo electrónico para que as granxas deixen os avisos de marcaxe de animais. En calquera caso, dado que se reorganizou o horario e persoal da oficina, recoméndase a vía online, a través do correo electrónico consello@vacundegalicia.com, indicando o número de CEA e o número de animais a marcar.

Ás persoas inscritas que conten con clave para acceder á zona privada da web ou á App de Ternera Gallega Explotaciones, pídeselle que usen esa vía preferentemente. Para cuestións urxentes, mantense a atención nos teléfonos habituais de 8 a 15 horas.

A única cuestión do traballo diario que se paraliza temporalmente son os labores de rexistro dos animais nas explotacións inscritas. Os retrasos que se ocasionen recuperaranse unha vez que a situación volva á normalidade.

Normalidade de suministros e sacrificios
Doutro lado, o Consello Regulador lémbralle ás explotacións inscritas nas IXPs que o Real Decreto do Estado de Alarma garante a entrada de materias primas nas ganderías, coma os pensos. Igualmente está asegurado por ese Decreto a saída de animais desde as ganderías con destino ós matadoiros e industrias correspondentes.

Desde as IXPs galegas destacan que as industrias inscritas seguen traballando, seguindo os protocolos precisos, para garantir o abastecemento ós distintos puntos de venda e cadeas de distribución. Precisamente, estes días trascendeu no sector que Novafrigsa (Lugo), o principal matadoiro galego de vacún, traballará este xoves, día festivo, para cubrir o aumento de demanda de Ternera Gallega que está chegando desde as cadeas de distribución a raíz da crise do coronavirus.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información