Medidas de prevención da Xylella fastidiosa ou Enfermidade de Pierce

Publicidade
Publicidade
Medidas de prevención da  Xylella fastidiosa ou Enfermidade de Pierce

Xylella fastidiosa en viñedo

A Xylella fastidiosa é unha bacteria cun rango de hospedantes moi amplo e que produce graves danos en cultivos moi importantes como cítricos, viñedo, oliveira e froiteiras de oso, así como numerosas especies ornamentais.

Segundo informa a Xunta de Galicia no seu último boletín agrometeorolóxico, considerase que o risco de introdución en España é moi alto, debido á importación de material vexetal de moitas especies hospedantes procedentes de países nos que xa se detectou a bacteria. Son frecuentes as infeccións latentes (asintomáticas), o que dificulta a súa detección, sendo a súa erradicación, unha vez detectada, moi difícil, polo que a mellor estratexia ante esta praga é a prevención.

Debido ao seu alto risco de introdución en paises europeos, esta praga foi regulada a través da Decisión de Execución (UE) 2015/789, da Comisión do 18 de maio de 2015, sobre medidas para evitar a introdución e propagación dentro da Unión de Xylella fastidiosa (Wells et al.), modificada pola Decisión de execución (UE) 2015/2417, da Comisión do 17 de decembro de 2015.

Síntomas

Os síntomas varían moito duns hospedantes a outros, pero en xeral son murchado , esmorecemento da planta, secado de follas e ramas, e incluso en estado avanzado, morte da planta. En ocasións, as plantas móstranse asintomáticas á presenza da bacteria, o que dificulta a súa detección.

Actualmente esta bacteria está presente no sur de Italia (zona de Lecce) e no sur de Francia (Córcega e zona de Niza), polo cal se recomenda prestar especial atención ás plantas sensibles que poidan importarse destas zonas, ou de zonas próximas, e informar aos servizos provinciais competentes en sanidade vexetal, no caso de detectar algún síntoma que poida asociarse a esta enfermidade.

As plantas hospedantes deben sempre ir acompañadas de pasaporte fitosanitario

Por outra parte, é importante ter presente que as plantas hospedantes, segundo esta normativa, independentemente da zona na que se produzan, deberán ir sempre acompañadas de pasaporte fitosanitario, se o seu destino son profesionais do cultivo.

Enuméranse de seguido as plantas hospedantes e, posto que están en continua revisión, a actualización pode consultarse na seguinte páxina web.

Téñase en conta que, en caso de que produza ou comercialice algunha destas plantas, debémonos ater ao establecido na lexislación indicada no, que respecta ao uso de pasaporte fitosanitario.

Listado de plantas hospedantes sensibles a Xylella fastidiosa e que deben producirse e comercializarse acompañadas do correspondente pasaporte fitosanitario, independentemente do lugar de produción:

Plantas hospedantes susceptibles a Xylella fastidiosa subsp. Multiplex: 

Acer pseudoplatanus L.
Artemisia arborescens L.
Asparagus acutifolius L.
Cistus monspeliensis L.
Cistus salviifolius L.
Coronilla valentina L.
Cytisus scoparius (L.) Link
Genista x spachiana (syn. Cytisus racemosus Broom)
Genista ephedroides DC.
Hebe
Lavandula angustifolia Mill.
Lavandula dentata L.
Lavandula stoechas L.
Lavandula x allardii (syn Cytisus racemosus Broom)
Metrosideros excelsa Sol. ex Gaertn.
Myrtus communis L.
Pelargonium graveolens LHér
Polygala myrtifolia L.
Prunus cerasifera Ehrh.
Quercus suber L.
Rosa x floribunda
Rosmarinus officinalis L.
Spartium junceum L.

Plantas hospedantes susceptibles a Xylella fastidiosa subsp. Pauca: 

Acacia saligna (Labill.) Wendl.
Asparagus acutifolius L.
Catharanthus
Cistus creticus L.
Dodonaea viscosa Jacq.
Euphorbia terracina L.
Grevillea juniperina L.
Laurus nobilis L.
Lavandula angustifolia Mill.
Myrtus communis L.
Myoporum insulare R. Br.
Nerium oleander L.
Olea europaea L.
Polygala myrtifolia L.
Prunus avium (L.) L.
Prunus dulcis (Mill.) D.A. Webb
Rhamnus alaternus L.
Rosmarinus officinalis L.
Spartium junceum L.
Vinca
Westringia fruticosa (Willd.) Druce
Westringia glabra L.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información