O Ministerio de Agricultura ten publicado un díptico sobre “Medidas Básicas de Bioseguridade en Explotacións non Comerciais ou de Tamaño Reducido” para reducir o risco de entrada da peste porcina africana.
España atopábase libre desta enfermidade desde 1994 pero o pasado venres informábase da aparición de varios xabarís mortos nunha zona montañosa de Barcelona e que deron positivo a PPA. Unha das causas de contaxio que se baralla como máis probable é que comesen un bocadillo con friame infectado por este virus.
Agora mesmo a principal precupación das autoridades e do sector gandeiro é que a enfermidade pase da fauna salvaxe, neste caso os xabarís, aos porcos domésticos.
Neste sentido, cobra especial importancia, ademais do control da poboación de xabaríns, cuxa sobrepoblación levan anos denunciando as organizacións agrarias, extremar as medidas de bioseguridade tanto nas granxas profesionais como tamén nas miles de explotacións non comerciais; é dicir, de autoconsumo.
Estas son as recomendacións do Ministerio para este tipo de ganderías:
• Non alimentes aos animais con desperdicios de cociña/ restos de produtos de consumo humano.
• Mantén aos porcos estabulados en todo momento. En caso de dispoñer de valado perimetral revisa que se atope en bo estado, sen oquedades nin tramos rotos.
• Usa roupa e calzado de uso exclusivo cando entres aos aloxamentos dos animais.
• Evita a entrada de visitantes aos aloxamentos dos animais, a non ser que sexa estritamente necesario
• Non introducir produtos de risco: carnes frescas e curadas. Non introducir produtos de risco nas explotacións porcinas. Un simple bocadillo de friame ou embutido porcino preparado en zona infectada pode orixinar un novo brote de enfermidade.
• Ante calquera sospeita de enfermidade, notificar aos servizos veterinarios oficiais. Prestar especial atención a un aumento de baixas e/o abortos.
Descarga aquí o díptico:
É controlable a peste porcina entre os xabaríns de Cataluña?
Galego









Control OJD