Media en Castro Caldelas de 2183 euros na poxa de xovencas preñadas de Rubia Galega

A subasta celebrouse no municipio ourensán de Castro Caldelas con animais procedentes da Granxa Gaioso Castro. Unha das catro novillas quedou deserta mentres que as outras tres conseguiron un prezo medio de 2.183 euros

Media en Castro Caldelas de 2183 euros na poxa de xovencas preñadas de Rubia Galega

Na subasta adxudicáronse tres dos catro exemplares cun prezo medio de 2.183€

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) celebrou a súa primeira poxa de novillas preñadas a pasada fin de semana na localidade ourensá de Castro Caldelas. Dos catro exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gaioso Castro, adxudicáronse tres deles, mentres que un quedou deserto. Os prezos alcanzaron os 2.150€ , 1.950€ e os 2.450€ na poxa máis alta da xornada, logrando así un prezo medio de 2.183€.

“Estas subastas son moi importantes para promocionar a calidade das novillas preñadas do centro de recría da Deputación de Lugo ao tempo que se da resposta a demanda de gando, neste caso, na zona de Ourense”, valora o presidente de Acruga César Dorado. As tres novillas foron adquiridas por gandeiros de Sarria (Lugo), Maceda (Ourense) e Dozón (Pontevedra). Do mesmo xeito, desde a Asociación destacan que “o mercado gandeiro de Castro Caldelas estivo moi animado e houbo quince tarxetas de posibles compradores de toda Galicia, principalmente de localidades de Lugo e Ourense”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información