Media dun 12,8% de proteína e dun 32,7% de materia seca nos silos de herba do 2018

A pesar da climatoloxía adversa, a calidade dos silos de herba desta primavera non se viu moi penalizada. Resultados das analíticas de Mouriscade

Media dun 12,8% de proteína e dun 32,7% de materia seca nos silos de herba do 2018

Cortando a herba para ensilado. Foto: Odón Castro (Lugo)

A pesar da climatoloxía adversa, a calidade dos silos de herba desta primavera non se viu excesivamente penalizada, tanto en proteína bruta como en dixestibilidade. Así se desprende das case 4.200 mostras analizadas polo laboratorio da Finca Mouriscade, centro dependente da Deputación de Pontevedra, entre o 1 de marzo e o 3 de xullo.

En concreto, ata esa data foron analizadas 4.192 correspondentes á campaña de ensilados de pradeira do ano 2018, unha campaña que se caracterizou pola climatoloxía adversa, xa que as intensas choivas da primavera en moitos casos atrasaron a corta da herba, dificultaron o presecado e mesmo impediron nalgúns casos facer o abonado.

Media dun 12,8% de proteína e dun 32,7% de materia seca

Neste sentido, as conclusións dos técnicos de Finca Mouriscade en canto aos resultados son as seguintes:

-As mostras analizadas dan un media en materia seca do 32,7%, semellante á doutros anos. “A pesares das chuvias que tivemos, os gandeiros cortaron a herba en días máis secos ou sen chuvia, o que denota unha maior preocupación pola conservación dos ensilados da que existía fai anos”, destaca María Hermida, directora do Laboratorio de Mouriscade .

-En proteína a media é dun 12.8 % de valor medio, un chisco inferior á do ano pasado, que foi do 13,1%. “Este dato -advirte- pode que cambie algo a medida que o numero de mostras analizadas sexa maior e tamén veremos se é consecuencia da falta de achega de fertilizante en moitas pradeiras do primeiro corte debido á chuvia que fixo imposible entrar a abonar”.

-Os valores de fibras destas primeiras análises son semellantes aos do ano pasado, mesmo un chisco menores. “Isto indica a preocupación do gandeiro por cortar no estado óptimo da planta para ter unha boa forraxe”, destaca María Hermida.

Valores medios ensilados de pradeira:

DATOS_MOURISCADE_2018

Ensilado pradeira, expresados en % MS.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información