Media de 3.900 euros por xovenca e de 3.114 por touro na poxa de rubia galega de Adai

Explotacións do Corgo, Samos, Friol, Castroverde leváronse os premios nas sete categorías do concurso nacional, que distingue aos exemplares de máis calidade e mellor xenética.

Adai, O Corgo. Subasta de rubia galega na Feira de Adai

Adai, O Corgo. Subasta de rubia galega na Feira de Adai

A poxa nacional de Raza Rubia Galega, celebrada esta mañá en Adai, no concello lugués do Corgo, cumpriu coas expectativas e obtivo un ano máis pleno de adxudicacións dos 23 animais presentados á poxa e moi boas cotizacións, na que é a cita anual máis importante das que organiza a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga).

Os sete touros vendéronse por un prezo medio de 3.114 euros, a ganderías lucenses, aínda que foi o segundo, propiedade dun criador particular, en que logrou o prezo máis elevado da xornada, xa que foi adxudicado en 5.500 euros a un gandeiro da Fonsagrada. Pola súa banda, as 16 xovencas presentadas á poxa alcanzaron un prezo medio de 3.900 euros, 1.000 por riba do prezo de saída.

Os compradores destes animais foron gandeiros de toda Galicia, especialmente da provincia de Lugo, aínda que tamén estivo presente un criador de Sevilla, que está a comprar gando de Raza Rubia Galega para a súa explotación e que participou por primeira vez na poxa de Adai, logrando a compra dunha xovenca preñada do centro de recría da Deputación de Lugo. En total, deste centro, situado na Granxa Gayoso Castro, procedían 14 das 16 xovencas presentadas.

Concurso Nacional

Adai, O Corgo. Subasta de rubia galega na Feira de Adai

Adai, O Corgo. Subasta de rubia galega na Feira de Adai

A xornada de hoxe non só contou co atractivo da poxa, senón tamén da exposición de gando e do concurso nacional, para premiar aos mellores exemplares, desde sementais, vacas paridas ou animais de entre 8 a 18 meses, por citar algunhas das sete categorías avaliadas polos xuíces.

Houbo 100 exemplares presentados a este concurso nacional, que este ano distinguiu ás ganderías de Óscar Santos Buján, mellor lote entre outros premios; Jose Antonio Ferreiro Palacios; Manuel López Quiroga; Gandería Santalla; Gandería A Morena; Alejandro Gutierrez Villanueva; Pena Guisande; Monxardín Arias e gandería de María Luz Penín Rouco.

O presidente de Acruga César Dorado mostrouse satisfeito co resultados da poxa deste ano, na que houbo pleno de adxudicacións e boas cotizacións, alén dunha presenza moi ampla de posibles compradores, con esas 60 tarxetas retiradas antes da poxa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información