Este domingo, 12 de marzo, celebrouse no concello de Ordes a IV Poxa de Gando Frisón, organizada AFRICOR CORUÑA e o Concello de Ordes en colaboración coa Xunta de Galicia.
Finalmente vendéronse 9 dos 11 animais preseleccionados, todos eles vacas en lactación, procedentes de ganderías de concellos limítrofes.
O prezo medio foi de 3.478 euros por animal, claramente por riba da media de poxas anteriores. O prezo máis alto acadado foron os 4400 euros qe se pagaron por G. Dubra S.C. Webster 724, procedente de Ganadería Dubra SC e que foi adquirida por José Ramón Carballeiro Becerra, de Tordoia.
Velaquí a lista completa dos animais vendidos: