Media de 2723 euros na poxa de gando frisón de Chantada

Este sábado celebrouse no concello lugués de Chantada a Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Lugo, o concello chantadino e a cooperativa AIRA.

A poxa, que se celebrou no Mercado Gandeiro a partir das 12:00 horas, rematou cun prezo medio de 2723 euros por animal. Finalmente adxudicáronse 13 dos 14 animais presentados, todos eles pertencentes a ganderías da provincia.

O prezo máis alto que se pagou foron 3350 euros por dous animais: NEIRAS GERO 4313 de Gandería Neiras SC, e por LACPI BRAVE 0457 273, de Gandería LACPI SLU.

Nesta poxa e nas seguintes organizadas por Africor Lugo, Caixa Rural Galega aportou unha axuda directa aos compradores de 200 euros por animal mercado na poxa, que engadido ás doses que aporta Xenética Fontao, 3 doses de Strofa e 3 de Milord, fai que cada animal adxudicado na poxa dispuxera de máis de 300 euros de axuda.

Velaquí unha escolma fotográfica da poxa, realizada por Cris Pereira:

poxa chantada 25 24 poxa chantada 25 25 poxa chantada 25 26 poxa chantada 25 27 poxa chantada 25 28 poxa chantada 25 1 poxa chantada 25 2 poxa chantada 25 3 poxa chantada 25 4 poxa chantada 25 5 poxa chantada 25 6 poxa chantada 25 7 poxa chantada 25 8 poxa chantada 25 9 poxa chantada 25 10 poxa chantada 25 11 poxa chantada 25 12 poxa chantada 25 13 poxa chantada 25 14 poxa chantada 25 15 poxa chantada 25 16 poxa chantada 25 17 poxa chantada 25 18 poxa chantada 25 19 poxa chantada 25 20 poxa chantada 25 21 poxa chantada 25 22 poxa chantada 25 23 poxa chantada 25 19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información