Africor Lugo organizou este sábado, 11 de maio, unha poxa de gando frisón na vila de Sarria dentro da Feira de San Isidro, en colaboración co concello, a cooperativa AIRA, a Xunta de Galicia e Xenética Fontao.
Vendéronse 14 dos 16 animais que sairón a poxa (14 primeirizas e dúas xovencas próximas ao parto) cun prezo medio de 2557 euros. A maior cotización foron 3200 euros.