Media de 2400 euros na poxa de xovencas da Granxa Gayoso Castro

Media de 2400 euros na poxa de xovencas da Granxa Gayoso Castro

A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo acolleu este luns unha poxa pública de gando na que se venderon por un prezo medio de 2.400€ un total de 9 xovencas preñadas de Rubia Galega, procedentes da nave que ACRUGA ten nas instalacións provinciais. O deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, asistiu á venda deste rabaño composto por 10 xatas do centro de recría da institución provincial.

A poxa foi en vivo, a man alzada, e con sistema ascendente, de xeito que comezou cun prezo de saída establecido para cada categoría que se foi incrementando a través de sucesivas poxas, en tramos de 50€. Adxudicouse o exemplar interesado ao prezo de remate ou prezo da última poxa realizada polo mellor ofertante. O prezo máis alto pagado foi de 2.800€. En total, a venda de todas as reses sumou 19.725€.

As cotizacións superaron en todas as poxas, menos nunha, o prezo de saída fixado en 2.000 euros e a xovenca máis valorada, vendida en 2.800 euros, foi parar a unha explotación dá Fonsagrada, á que tamén irá outro dos exemplares poxados na mañá de hoxe. Tamén fixo dobrete un gandeiro de Ribadeo, mentres que o resto de exemplares foron a parar a gandeiros e gandeiras con explotacións en Castroverde, Friol, Baleira, Lalín e de novo A Fonsagrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información