Mazaricos reivindica o seu sector agrogandeiro coa “Tractorgata”

Mazaricos reivindica o seu sector agrogandeiro coa “Tractorgata”

O Concello de Mazaricos quixo reivindicar o sector agrogandeiro na súa cabalgata de reis. E é que, máis que unha cabalgata foi unha tractorgata, porque cabalos, non había.

Catro das asociacións do Concello, Eu Son Mazaricos, Asociación Cultural de Antes, Gandeiros de Mazaricos e Asociación Amas de Casa de Mazaricos – El Hórreo engalanaron 4 remolques tirados por catro impoñentes tractores. Así, as Súas Maxestades de Oriente, acompañados polos seus paxes, tiraron moreas de caramelos á rapazada (e non tan rapaces) que se congregaron para velos.

Ofrenda de leite

Ao baixar das súas “carrozas”, os Reis Magos fixeron unha parada no Belén de eucalipto situado na entrada do Concello e ofrecéronlle ao Neno leite en vez do tradicional ouro, incenso e mirra.

Logo disto chegaron á Casa da Cultura onde atenderon a máis de 200 nenos que agardaron, pacientemente, nunha cola que saía do salón de actos do edificio. Despois de falar cos Magos e de recibir agasallos nunha bolsa MZ, nenos e adultos encamiñáronse a disfrutar da
chocolatada.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro, dixo sentirse “orgulloso” desta iniciativa. “Por unha parte visibilizamos o sector entre os máis pequenos e pola outra, participou na iniciativa o asociacionismo da vila”, explicou. Ao fío disto dixo sentirse “satisfeito” da gran afluencia de nenos que foron falar coas Súas Maxestades.

CABALGATA_mazaricos

CABALGATA5_MAZARICOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información