Mazaricos imparte por primeira vez un curso de inseminación de vacas

Mazaricos imparte por primeira vez un curso de inseminación de vacas

Gandeiros e gandeiras na sesión práctica.

Varios gandeiros e gandeiras participaron este martes no curso de inseminación de vacas organizado pola Asociación Gandeiros de Mazaricos. As clases teóricas e prácticas foron impartidas polos veterinarios Mónica Barrio e Ismael Fernández, de Xénese ETE.

As persoas asistentes practicaron, tras a teoría, con matrices para poder aprezar a forma e a textura do órgano reprodutivo da vaca. Deste xeito aprenderon a diferenza táctil entre o colo do útero e todo o demais e como deben agarrar este para levar a cabo a inseminación coa cánula. Do mesmo xeito, tamén escoitaron como se debe facer a manipulación e conservación do esperma.

Tras iso, pola tarde, practicaron con exemplares reais, un por persoa para poder afrontar o desempeño desta actividade. O presidente de Gandeiros de Mazaricos, Óscar Blanco asegurou que “queremos que os e as gandeiras do noso concello sexan o máis autónomos posibles nas súas explotacións”.

“O curso estaba moi orientado á parte práctica polo que, se o repiten nas súas casas, poderán levar a cabo isto sen problemas”, explicou.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información