A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Massey Ferguson By You: máis preto das necesidades do agricultor e do gandeiro

"Sabemos que cada explotación e cada agricultor teñen necesidades diferentes, por iso ampliamos a nosa MF eXperience" din desde Massey Ferguson.

Massey Ferguson By You: máis preto das necesidades do agricultor e do gandeiro

Massey Ferguson, unha marca mundial de AGCO (NYSE:AGCO), presenta MF By You,un novo servizo de configuración desde fábrica que permite aos agricultores adaptar os seus tractores para satisfacer mellor as súas necesidades por tipo de cultivo, confort ou de funcionamento.

“Sabemos que cada explotación e cada agricultor teñen necesidades diferentes, por iso ampliamos a nosa MF eXperience, para garantir que os nosos tractores satisfagan unha ampla variedade de necesidades e que o proceso facilite o traballo dos concesionarios”, explica Jérôme Aubrion, Director de Marketing de Massey Ferguson para Europa e Oriente Medio.

As nosas enquisas globais a clientes garanten que cada tractor MF está “deseñado por agricultores e para agricultores”. MF By You, amplía o noso toque persoal ao permitir aos agricultores e gandeiros seleccionar os complementos adicionais que necesiten”, engade.

Os tractores Massey Ferguson son recoñecidos polo seu funcionamento sinxelo e fiable, e veñen ben equipados de serie. Ademais, todos os clientes poden adaptar aínda máis as súas compras seleccionando opcións cando fagan o pedido, mediante o novo sistema e desde o seu concesionario.

Especificacións a medida

MF By You leva o proceso de compra un paso máis aló, permitindo aos clientes seleccionar diferentes complementos dentro dun amplo catálogo. “Esta ampla gama de accesorios de fábrica está deseñada para permitir aos propietarios incrementar a súa produtividade e o confort, aumentar o rendemento e mellorar as operacións. Por exemplo, o sistema de tele-inflado de pneumáticos protexe o chan da compactación á vez que reduce o desgaste dos pneumáticos e o consumo de combustible”, afirma Aubrion.

“Outras incorporacións de MF By You aumentan a versatilidade permitindo, por exemplo, montar MF Guide nas cabinas con teito Visio, proporcionando as vantaxes da mellor visibilidade da súa clase, así como un guiado preciso. E, para garantir que os nosos tractores se adaptan a cada necesidade específica, tamén ofrece rodas especiais, que non están dispoñibles na oferta estándar, destacando a posibilidade de montar rodas estreitas para cultivos de alto valor ou rodas forestais ou de aplicacións de transporte”, engade.

Outras opcións son, por exemplo, cor da carrocería á carta, cada cliente pode elixir o ton de cor que quere no seu tractor ou tamén por exemplo os cristais tintados para reducir a calor dentro da cabina. No interior desta existen opcións de confort como as alfombras e as fundas para os asentos que poden pedirse personalizadas para cada cliente. Todo o que os agricultores poidan necesitar para mellorar a eficiencia ou o confort estará dispoñible a través de MF By You. Isto permitiralles darlle o seu toque persoal facendo que cada tractor sexa único.

Taller exclusivo MF By You

MF By You atópase nun novo taller dedicado de 1.000 m² na fábrica de Beauvais, xunto á liña de montaxe principal, é o suficientemente grande como para albergar dez tractores ao mesmo tempo. Aquí, todas as modificacións e opcións son instaladas por enxeñeiros especialmente formados, que adaptan os tractores ás especificacións individuais desexadas por cada cliente.

Isto tamén simplifica enormemente o proceso de compra para os concesionarios, que agora poden entregar equipos con modificacións totalmente homologados e montados en fábrica. Todos os equipos instalados e os traballos realizados cumpren a normativa legal e os requisitos de homologación. Tamén se axustan aos mesmos estándares rigorosos de calidade establecidos pola fábrica e están cubertos pola mesma garantía de MF, para proporcionar total tranquilidade aos agricultores.

Acerca de AGCO

AGCO (NYSE:AGCO) é líder mundial en deseño, fabricación e distribución de maquinaria e tecnoloxía agrícolas de precisión. AGCO ofrece valor ao cliente a través da súa carteira de marcas diferenciadas, que inclúe marcas principais como Fendt®, GSI®, Massey Ferguson®, Precision Planting® e Valtra®. Impulsada polas solucións agrícolas intelixentes Fuse®, a liña completa de equipos e servizos de AGCO axuda aos agricultores para alimentar o noso mundo de forma sostible.

Fundada en 1990 e con sede en Duluth, Georgia, EE. UU., AGCO tivo unhas vendas netas de aproximadamente 12.700 millóns de dólares en 2022. Para máis información, visite www.agcocorp.com. Para noticias, información e eventos da empresa, síganos en Twitter: @AGCOCorp. Para noticias financeiras en Twitter, siga o hashtag #AGCOIR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *