Más de 35.000 degustacións vendidas na Feira do Viño de Monterrei

Publicidade
Más de 35.000 degustacións vendidas na Feira do Viño de Monterrei

A Feira do Viño de Monterrei superou todas as previsións, e a última edición clausurouse cun incremento tanto do número de visitantes como de degustacións

Nesta ocasión vendéronse máis de 35.000 durante os tres días de feira, “o que supón un éxito
histórico”, destaca o presidente do Consello Regulador, Manuel Vázquez, “non só pola cifra de degustacións senón tamén polo de botellas vendidas, que demostra que cada ano son máis os
grupos de amigos e familias que acoden de forma conxunta a gozar da feira”.

Este aumento na cifra de asistentes foi, fundamentalmente, no público novo. Un dato relevante porque “reflicte o achegamento dos mozos ao mundo do viño”, indica o presidente. Ademais de visitantes doutras zonas do país, aproveitando a época de descanso estival, tamén se detectou o incremento de asistentes do norte de Portugal.

Con respecto ás diferentes catas programadas para esta edición, celebrada no mes de agosto, as mesmas colgaron o cartel de completo, do mesmo xeito que as actividades destinadas ao público infantil, “tivemos mesmo xente en lista de espera”, lembra Vázquez.

O presidente tamén destaca “o incremento e diversidade das casetas de gastronomía, valoradas positivamente polos asistentes como acompañamento para os viños”.

“Desde o Consello Regulador queremos agradecer a implicación das adegas participantes nesta edición, xa que sen elas a Feira do Viño de Monterrei non tería este éxito”, manifesta Manuel Vázquez, “ademais da colaboración indispensable do Concello de Verín, e en particular de todos os operarios que traballaron para que este evento fose posible, así como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Policía Local ou Garda Civil, entre outros”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información