Martín Alemparte, novo director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria

Martín Alemparte, novo director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria

Martín Alemparte. / Imaxe: GDR Ribeira Sacra - Courel.

O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Martín Alemparte como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural. Substitúe a José Luis Cabarcos, que desempeñou este cargo desde setembro do 2020.

Nado en Lugo no 1976, é licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Economía Pública e Política Económica.

Entre os anos 2000 e 2001 traballou como auditor e asesor de mercado en diferentes empresas privadas. Dende o ano 2002 ata a actualidade é responsable da xestión do programa Leader en diferentes Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia da provincia de Lugo. Na actualidade era o xerente do GDR Ribeira Sacra – Courel.

Ademais, traballou como impulsor e coordinador dos traballos para a elaboración da candidatura a Xeoparque para as Montañas do Courel, converténdose no ano 2019 en director do primeiro Xeoparque Mundial da UNESCO en Galicia.

Durante estes anos tamén coordinou numerosas publicacións en diferentes ámbitos do desenvolvemento rural e exerceu como profesor e colaborador coas universidades de Santiago de Compostela e Vigo en cursos de posgrao relacionados co emprendemento, o turismo e os recursos naturais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información