Marcas galardoadas na VI Cata das Anadas de Rías Baixas

Publicidade
Marcas galardoadas na VI Cata das Anadas de Rías Baixas

Foto de familia das adegas galardoadas

A Denominación de Orixe Rías Baixas entregou este mércores un total de 71 premios correspondentes á sexta edición da Cata das Anadas de Rías Baixas, celebrada en Madrid o pasado 30 de novembro en colaboración coa Unión Española de Catadores (UEC). Catro marcas foron recoñecidas co diploma de Gran Colleita de Ouro ao conseguir unha puntuación superior aos 92 puntos; 38 con Colleita de Ouro, con entre 85 e 92 puntos, e 29 con Colleita de Prata, ao recibir entre 82 e 85 puntos.

O presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, felicitou ás adegas premiadas e puxo en valor a calidade e capacidade de garda dos viños con denominación de orixe Rías Baixas. “Un viño de 2003 obtivo unha Colleita de Ouro e está á altura de viños de anadas máis recentes”, ejemplificó Gil de Araujo.

Neste sentido, o presidente animou ás adegas adscritas á denominación para apostar pola produción de viños que manteñen e elevan a súa calidade co tempo. Gil de Araujo explicou que “antes existían reservas entre distribuidores e restauración a viños que non fosen do ano, pero o traballo das adegas e as accións emprendidas polo Consello Regulador lograron desterrar eses medos”, abrindo novas liñas de mercado para os viños de Rías Baixas.

Relación de premiados na VI Cata das Anadas de Rías Baixas:

Gran Colleita de Ouro. Puntuacións superiores a 92 puntos

 

 

anadas_baixas_1

Colleita de Ouro. Valorados entre 85 e 92 puntos

anadas_baixas_2

Colleita de Prata. Valorados entre 82 e 85 puntos

anadas_baixas_3

A Cata das Anadas

Este evento de carácter bienal conta xa con doce anos de historia e nel recóllese a aposta do Consello Regulador por mostrar as posibilidades de garda dos viños Rías Baixas, así como o potencial enológico das distintas variedades amparadas. Nesta cata das anadas participaron 46 adegas cun total de 96 mostras de viños: vinte e seis mostras de 2014, vinte e dúas de 2013, trece de 2012, doce de 2011, quince de 2010, catro de 2009, unha de 2008, dúas de 2007 e unha mostra de 2003.

O panel de cata constituído para a ocasión estivo integrado por 31 expertos. Deles, 8 pertencían ao panel do Consello Regulador e 23 eran profesionais externos, entre os que figuraban xornalistas especializados en viños, responsables de compras de diversas empresas e catadoras de prestixiosos establecementos do sector da restauración e a hostalería.

Un dos participantes nesa cata celebrada fai un par de semanas en Madrid, Javier Rueda, xornalista da Guía do País, admite que “é unha cata fundamental, e ao final dela dásche contas de que os viños co paso de dous ou tres anos están moito mellor e valóranse moito máis”. Neste sentido engade que “non o valoramos todo o que debésemos”. Unha experta do panel de cata interno admite que “como enóloga é unha cata fundamental” e sinala que “non todos os viños evolucionan igual, pero atópaste con viños de anadas que estaban moi ben”.

Por segundo ano consecutivo, ese mesmo día pola tarde o hotel madrileño acolleu a segunda edición do Túnel das Anadas, que reuniu a 300 prescriptores de Madrid, e no que se puideron degustar as 96 marcas valoradas esa mesma mañá polo Xurado da Cata das Anadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información