A marca “Leite de Pastoreo de Galicia” prevese que estea operativa no segundo semestre de 2021

A marca “Leite de Pastoreo de Galicia” prevese que estea operativa no segundo semestre de 2021

A marca Leite de Pastoreo de Galicia, que impulsa a Xunta, podería estar operativa no segundo trimestre de 2021, unha vez que se complete a tramitación do seu rexistro por parte da Oficina Española de Patentes y Marcas. Así o anunciou esta mañá no Parlamento galego o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, en resposta a unha pregunta sobre o contido da Estratexia de dinamización do sector lácteo galego.

Balseiros engadiu que, ademais, ao abeiro da estratexia, a Consellería do Medio Rural está a avaliar a posibilidade de implementar, como medida de acompañamento, unha liña de axudas para a adquisición de sistemas GPS que permitan comprobar e verificar o pastoreo dos animais das explotacións que se sumen a esta iniciativa.

O director xeral explicou que estas medidas forman parte do traballo que xa está a realizar a Xunta para impulsar diferentes eixos da devandita estratexia, que recolle un completo paquete de medidas deica o ano 2025, consensuadas co sector leiteiro en distintas mesas de traballo baixo a coordinación da Fundación Juana de Vega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información