Mantéñense sen cambios os prezos en Amio

Mantéñense sen cambios os prezos en Amio

A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega, que se reúne coincidindo coa celebración do Mercado de Gando de Amio, acordou este mércores manter sen cambios os prezos en tódalas categorías e calidades.

Esta semana quedou sen constituír a Mesa de Prezos do gando de abasto por falta de asistencia dos vogais que a integran. Unha sondaxe aleatoria entre os usuarios do mercado permitiu apreciar unha lixeira baixada, de 5 euros nos prezos do vacún de recría de tódalas razas e das calidades media e baixa.

No vacún de matadoiro, mantéñense os prezos da semana pasada no gando mediano cunha tendencia xeral á baixa. No vacún maior houbo unha lixeira suba, que pode deberse á diminución da oferta e a un tímido aumento do consumo que fixo incrementar a demanda de vacas na feira, como apuntan dende a organización do mercado.

En canto á afluencia, houbo 1.865 reses, 108 máis que o pasado día 7 de abril. Contabilizáronse 1.566 cabezas de vacún menor, 150 máis que na feira anterior; 129 de vacún mediano (19 menos) e 170 de vacún grande, 23 animais menos que na última sesión.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (14-IV-2021).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información