Mantéñense os prezos de Ternera Gallega e baixa o vacún maior no mercado de Amio

Mantéñense os prezos de Ternera Gallega e baixa o vacún maior no mercado de Amio

Na sesión deste mércores, 11 de febreiro, no Mercado Nacional de Amio a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega decidiu por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

Así, os prezos mantéñense sen variacións por terceira semana consecutiva en Ternera Gallega. Por contra, baixan 0,05 € os prezos das canais do vacún maior das clases O e P, segundo se infire da enquisa realizada entre os usuarios do Mercado Nacional.

Neste 11 de febreiro, a asistencia de gando á sesión do mercado foi de 1.435 reses, 159 máis que á do pasado 4 de febreiro. Por categorías, houbo 1.300 cabezas de vacún menor (162 máis que na sesión anterior); 42 de vacún mediano (12 máis que na sesión anterior) e 93 de vacún grande (15 reses menos que na sesión do 4 de febreiro).

Pódense consultar as cotizacións completas no seguinte documento:

Cotizacións 11.02.2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información