Mantéñense os prezos de Ternera Gallega e baixa 5 céntimos o vacún maior en Amio

Mantéñense os prezos de Ternera Gallega e baixa 5 céntimos o vacún maior en Amio

Na xornada deste mércores, 28 de xaneiro, no Mercado Nacional de Amio, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu por unanimidade manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desa carne. Fréase así a tendencia de subas que se rexistrara nas primeiras sesións deste ano e as últimas do anterior.

A inmobilidade nos prezos foi a tónica no resto de categorías do gando que asistiu nesta sesión ao Mercado Nacional. A excepción constituína o vacún maior no que se rexistrou unha baixada de 0,05 € no prezo das canais.

Na sesión deste mércores, a asistencia total foi de 1.337 reses, 4 menos que na do pasado 21
de xaneiro. Por categorías, houbo 1.165 cabezas de vacún menor (7 máis que na sesión anterior); 58 de vacún mediano (7 máis que o 21 de xaneiro) e 114 de vacún grande (18 reses menos que na anterior xornada).

Pódense consultar as cotizacións completas neste enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información