Mantéñense os prezos da sesión anterior en todas as categorías de vacún no Mercado de Amio

A actividade regresou ao Mercado de Amio logo dunha semana sen movemento pola proximidade co festivo

FOTOS AMIO-38

Logo da ausencia de actividade a pasada semana pola proximidade co festivo do día 15, os animais volveron entrar no recinto do Mercado Nacional de Gando de Amio (Santiago). Se ben, desta volta houbo un descenso de 317 exemplares respecto da sesión de referencia, que foi a do 5 de agosto.

Os prezos mantivéronse estables en todas as categorías e non houbo ningunha variación respecto dos datos da antedita sesión de referencia, segundo a organización do mercado. A asistencia de exemplares de gando quedou nun total de 1.480 reses fronte as 1.797 da anterior xornada.

Os organizadores do mercado certificaron a entrada de 1.358 cabezas de vacún menor (275 menos que na sesión anterior); 29 de vacún mediano (22 menos que o pasado 5 de agosto) e 93 de vacún grande (20 reses menos que na última sesión de referencia).

Pola súa banda, a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu por
maioría manter as cotizacións da sesión anterior para todas as clasificacións e categorías adscritas a esa carne.

Dita repetición de prezos -segundo se desprende da enquisa realizada polos organizadores do mercado entre os usuarios do mesmo- tamén se produciu para o gando de recría, o vacún mediano e o maior de abasto.

Pódense consultar as cotizacións completas no seguinte documento:

Cotizacións, 19.08.2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información