O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as últimas cotizacións dos produtos lácteos así como do leite en orixe, destacando unha situación xeral de subas tanto no campo como nos mercados de produtos industriais. Boa mostra disto é que o prezo do leite spot en Italia segue subindo e xa está nos 0,645 euros o litro.
En canto ás cotizacións desta segunda semandas de setembro para os produtos lácteos na UE son as seguintes:
-Manteiga: 748 €/100 kg, +6,1 % nas últimas catro semanas. É o prezo máis alto da serie histórica.
-Leite desnatado en po (SMP) 256 €/100 kg, +4,1 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 424 €/100 kg, + 6,3 % ,,
-Queixo cheddar: 396 € /100 kg +1,4% nas últimas catro semanas
Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea
Sube o prezo medio do leite na UE
Esta suba xeralizada dos produtos lácteos está a facer posible tamén un incremento do prezo medio do leite no campo: Segundo a Comisión Europea a cotización media en xullo foi de 0,463 euros o litro (un 5,8% máis que no mesmo mes de 2023), e para agosto foi unha estimación de 0,468 euros. En Estados Unidos o prezo medio en xullo foi de 0,465 euros o litro e en Nova Zelandia de 0,359 euros.
España foi un dos poucos países da UE nos que baixou o prezo do leite en xullo: 0,4592 euros o litro (un 11% menos que o mesmo mes do ano pasado) e por debaixo de Francia (prezo medio de 0,4734). En Portugal a cotización media do leite en orixe sitúase nos 0,4317 euros o litro.
Descarga aquí o informe completo de prezos do leite en orixe na UE.