Manifestación do sector lácteo este sábado en Santa Comba e o 7 de setembro en Bruxelas

O Copa e a Cogeca organizarán un manifestación o 7 de setembro para pedir medidas que melloren a situación dos gandeiros de leite, de porcino e os fruticultores. Este sábado, manifestación en Santa Comba.

Manifestación do sector lácteo este sábado en Santa Comba e o 7 de setembro en Bruxelas

Protesta en Bruxelas polo prezo do leite

A crise de prezos que afecta ao sector lácteo en toda a Unión Europea, e con especial gravidade en Galicia, está a mobilizar aos gandeiros para demandarlle ás Administracións que aporten solucións.

Así, este sábado, en Santa Comba, está convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego a primeira dunha serie de mobilizacións a nivel comarcal que se desenvolverán ao longo de todo o mes de agosto. O punto de encontro será ás 12:00 horas no Edificio Multiúsos.

Mobilización en Bruxelas o día 7 de setembro

Por outra parte, o COPA e a COGECA, organizacións que agrupan ás cooperativas agrarias da Unión Europea convocan unha manifestación dos agricultores e gandeiros da UE para o próximo 7 de setembro enBruxelas, coincidindo coa reunión dos ministros de Agricultura para abordar a crise de prezos do sector lácteo.

A manifestación protestará pola crise de prezos que sofren os produtores europeos de leite, porcino e froita, debido, entre outras causas, ao veto de Rusia aos produtos da UE.

O Presidente do Copa, Albert Jan Maat, ten subliñado que as medidas da Comisión Europea para paliar esta crise de prezos “son evidentemente insuficientes, como o demostran as manifestacións de gandeiros e agricultores nos distintos países e rexións da UE”, entre eles en Galicia.

cartaz s. combaEn canto ao sector lácteo, dende Copa -Cogeca demandan á Comisión Europea que permita aos Estados membros aboar os pagamentos directos antes do 1 de decembro. “Son preto de 700 millóns de euros os que se van subtraer ao sector do leite a conta da factura da supertaxa 2014/2015, nun momento no que os produtores están máis que necesitados de liquidez. Polo tanto, esta contía débelle ser devolta ao sector para axudar aos produtores cos seus problemas de efectivo, aseguran dende a organización agraria.

Así mesmo, demandan un incremento o prezo de intervención daUE, “para impoñer un mínimo no mercado. O último prezo data de 2008 e en absoluto se achega xa aos custos de produción actuais”, dixo o Presidente Christian Pèes. .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información