Manifestación este domingo en Madrid en defensa da actividade agrogandeira no medio rural

Manifestación este domingo en Madrid en defensa da actividade agrogandeira no medio rural

Agricultores e ganadeiros galegos desprazaranse esta fin de semana ata Madrid para participar na marcha transversal convocada pola entidade Alma Rural o domingo 23 de xaneiro e á que se sumaron máis de 250 asociacións de toda España.

Unións Agrarias súmase a esta gran mobilización, coa que se retoman as protestas nas que o sector agrogandeiro se atopaba inmerso antes da pandemia.

A organización considera importante que os agricultores e gandeiros que xestionan máis do 85% do territorio español estean presentes nunha mobilización na que participará un amplo número de colectivos diversos ligados ao medio rural. “Aspiramos á viabilidade económica das explotacións e a que ningún produtor cobre por debaixo do que lle custa producir. Pero tamén aspiramos a que quen viva no rural teña servizos semellantes á poboación doutras zonas” indicou o secretario xeral de UUAA; que tamén puxo o foco na necesidade de pechar dunha vez por todas a fenda dixital que afecta ao rural e que lastra as posibilidades de emprendemento e de fixación de poboación alén dos grandes núcleos.

A mobilización convocada para este domingo 23 comezará ás 11 da mañá na Praza de San Juan de la Cruz, onde se realizará a lectura de manifestos e se exporán as reivindicacións dos diferentes colectivos que participan na protesta. A acción culminará en Atocha, tras un percorrido de 4 quilómetros polas rúas da capital que arrincará ás 12 do mediodía.

#YoVoyMadrid23DeEnero
#mundoruraltodosunidos
#unmillóndepersonasamadrid
#profundamenterurales
#DefiendeTuTierraDefiendeLoTuyo
#ElMundoRuralNoSeVendeSeDefiende

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información